SEMPRE XONXA

Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, compartindo con Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental de Xavier Villaverde a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego.

A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno. Trátase dun filme realista, aínda que podemos consideralo incardinado dentro do realismo máximo latinoamericano, onde bebe, seguramente vía Álvaro Cunqueiro. Neste sentido, destaca o personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica e lendaria dos contos populares. Con todo o máis salientable do filme concéntrase na súa primeira parte, onde Chano Piñeiro retrata coa mesma mestría que mostrara en Mamasunción o mundo da aldea durante o franquismo.

 

 

Titulo orixinal: Sempre Xonxa
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 114'
Orixe: Galicia
Ano: 1989
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Castelán
Espectadores: 62.203

DistribuidoraBaños Films / B. C. de Lectores Ignacio Benedeti La Voz de Galicia
ProdutoraLuciano Piñeiro P., S.A. / TVG
Subvención ou axuda públicaConsellería de Cultura  

 

FICHA ARTISTICA

Axudante de dirección: / Julián Núñez 
Deseño de decorados: / Rodrigo Roel 
Dirección fotografía: / Miguel Ángel Trujillo 
Figurinista: / Yolanda Alimbau 
Guionista: / Chano Piñeiro 
Maquillaxe: / Mariano G. Rey 
Montaxe: / Cristina Otero 
Música: / Pablo Barreiro / Carlos Ferrant / Marcial Prado 
Produción: / M. Martínez Mallo 
Xefatura de produción: / Rafael Girón

Director

 
       Chano Piñeiro

Elenco

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

VER TRAILER / SECUENCIAS