RETORNOS

Longametraxe dirixida polo galego Luis Avilés Baquero que foi estreada no 2010.

Álvaro (Xavier Estévez), tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ó enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán Xosé (Xosé Manuel Olveira "Pico") e recuperar o amor da súa filla Mar (Manuela Vellés). Todo se complica cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada. É Lidia (Yoima Valdés), unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza a investigar, destapando os trapos sucios dun pobo no que nada é o que parece e onde todos teñen algo que agochar.

Titulo orixinal: Retornos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Intrigadrama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 100'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego 30% e castelán 70%
Orzamento: 1.800.000 €
Porcentaxe subvencións: 16,76 % 
Capital Galego: 80 %

Participación / Televisión de Galicia (TVG) 
Produtora / Patagonik Film / Vaca Films /Zed Filmes 
Subvención ou axuda pública / Xunta de Galicia  /  Ibermedia / ICAA / Media Desk 

 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: / Alexandra Fernández 
Dirección de produción: / Borja Pena 
Dirección fotografía: / Ricky R. Morgade 
Figurinista: / Ana López 
Guionista: / Alejandro Hernández 
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo 
Montaxe: / José Ramón Lorenzo 
Música: / Sergio Moure 
Perruquería: / Noé Montes 
Produción: / Emma Lustres / Borja Pena 
Produción Executiva: / Emma Lustres 
Xefatura de produción: / Alberto Tomé 
Xefatura de son: / Rubén Piputto

IMAXES DO FILME

 

VER FILME EN LIÑA                  (En español+galego)

 

VER TRAILER / ANACO