TOURO
Thriller dirixido por Kike Maíllo, protagonizado polos galegos Mario Casas e LuísTosar, xunto con José Sacristán, Ingrid García Jonsson e Claudia Canal. Varias localidades galegas e andaluzas serviron de escenario para a gravación. A rodaxe en Galicia desenvolveuse durante tres semanas en diferentes localizacións de Vigo, Pontevedra, Ourense e Cerceda. Ademais, gran parte do seu equipo está integrado por recoñecidos profesionais galegos, coma Raquel Fidalgo en maquillaxe e perruquería, David Machado en son ou Jorge Bolado en vestiario.
Dous irmáns reencóntranse despois de cinco anos. Un estivo no cárcere. O outro roubou a un perigoso perista e agora foxe xunto a Diana, a súa filla pequena. Os tres emprenden unha viaxe por unha Andalucía violenta, mítica, agreste e salvaxe. Unha viaxe no que aparecen as vellas feridas do pasado e no que os irmáns se ven na obriga de reconciliarse para salvar a vida.
Titulo orixinal: Toro Produtora: ZircoZine, Atresmedia Cine, Apaches Entertainment, Escándalo Films |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Beatriz Mateos
Dirección fotografía: / Arnau Valls Colomer
Guión: / Rafael Cobos, Fernando Navarro
Dirección artística: / Pepe Domínguez del Olmo
Montaxe: / Elena Ruiz
Música: / Joe Crepúsculo
Director
Kike Maíllo |
Elenco
Mario Casas | Luis Tosar | José Sacristán | Maxo Barjas | Fernando Tato |
Rubén Ríos | José M. Poga | Ingrid Jonsson | Nya de la Rubia | Hovik Keuchkerian |
Rubén de Marina | Christian Mulas | Claudia Vega | David Bendito | Luis Centeno |
Gloria López | Luichi Macías | Manuel Salas | Juan Carlos Montilla | Isabel Zayas |
IMAXES DO FILME
VER TRAILER / ANAC0