SOMOS ACÓ

Documentario rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración. Dirixida e Producida por Seném Outeiro e Roi Carballido

É unha denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da administración. Tamén amosa a esperanza e a loita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro.

Titulo orixinal: Somos acó
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 29´
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego

Produtora: Filmika Galaika                                  

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Roi Carballido
Música: Quempallou
Montaxe: Roi Carballido
Produción: Roi Carballido / Seném Outeiro

Directores

Seném Outeiro Roi Carballido

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego