O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN

Filme de animación realizado en 2005 por Dygra Films, baseado na obra homónima de William Shakespeare. Foi Dirixido por Ángel de la Cruz e Manuel Gómez Santos. A preestrea mundial tivo lugar na Coruña o 23 de xuño de 2005, e a estrea comercial o 1 de xullo de 2005.

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. .      

Titulo orixinal: El sueño de una noche de San Juan
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Catalán, galego
Orzamento: 6.000.000 €
Recadación: 795.069 € 
Espectadores: 176.767

Distribuidora / Baños F / Biblos C. L.Buena Vista / I. Benedeti La Voz de Galicia 
Produtora / Dygra Films, S.L.

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA                                   (español)

VER TRAILER / ANACO