SEMPRE HABANA / RESIDENCIAL CARIBE
Filme galego-cubano dirixido por Angel Pelaez, estreado en decembro de 2005.
Ignacio e Tomasiño, tío e sobriño, viven no pazo familiar explotando as terras que pertenceron á familia. De súpeto reciben a noticia de que o avó lle deixou o pazo e as terras a Luz Divina, unha curmá de Ignacio que vive en Cuba. Argallan un plan para conseguir recuperar as propiedades, pero as cousas non saen como esperaban. Convidan a curmá a Galicia, facéndolle crer que son terratenentes, nobres e benfeitores, contando cun cómplice, Anxo, un labrego que despois xa xogará a tío e sobriño. Como consecuencia, Ignacio e Tomasiño deciden viaxar á Habana coa desculpa de levarlle as cinzas do avó a Luz Divina e recuperar o pazo e as terras.
Pola súa parte Luz Divina fixeralles crer, non só que é catedrática na Universidade da Habana, senón unha forma de vida, que finalmente amigos e veciños lle axudarán a facer crer aos seus parentes.
Titulo orixinal: Siempre Habana (Residencial Caribe) Distribuidora / Baños Films |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección fotografía: / Tote Trenas
Maquillaxe: / Magdalena Álvarez / Raquel Santos
Montaxe: / Miguel Ángel Santamaría
Produción: / Pastor Lorenzo
Produción Executiva: / José Carbajo
Xefatura de son: / Julio Recueiro
Director
Ángel Peláez | Sergio Colastra |
Elenco
Pepe Sancho | Broselianda Hdez. | Jordi Vilches | M. Manquiña | Farruco |
Gloria Ferreiro | Paula Ali | Blanca R.Blanco | Yoraisi Gómez | Manuel Oña |
Roberto Perdomo | Yipsia Torres | Mª Teresa Pina |