RATO TOM E RATA TOMASA

Curtametraxe con animación intervalométrica (stop motion) que adapta a obra homónima de Marisa Núñez con ilustracións de Alessandra Cimatoribus.. Forma parte do proxecto  Contos do camiño

Narra a historia de dous ratos; Rato Tom e Tomasa. Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Houbo viño, touciño e máis viño… e Rato Tom caeu redondo do bidón. Tomasa vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu...

Titulo orixinal: Rato Tom e rata Tomasa
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 11'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego

                

Distribuidora / Imagina International Sales          Emisión ou proxección / tvG2                              Produtora / Oqo Filmes

FICHA ARTÍSTICA

Montaxe: / Carlos L. Ríos
Música: / María Mendoza
Posproducción: / Carlos L. Ríos
Presentación ou locución: / Alfonso Valiño
Xefatura de son: / Santi Jul /  Iván Laxe

Director

Ismael Mon

Elenco de voces

Alfonso Valiño Isabel Vallejo Raúl Dans Miriam Aldrey Montse Davila

VER EN LIÑA

galego galego

VER TRAILER / ANACO