PLAN ROSEBUD

Longametraxe documental escrita e dirixida por María Ruído.Dous anos de rodaxe, ducias de entrevistas e investigación en filmotecas e arquivos (da BBC á TVG, de fondos privados do Imperial World Museum), fixeron posíbel este proxecto videográfico.

Este “ensaio visual” tenta, co gallo da Lei da Memoria Histórica, artellar un discurso sobre como se desenvolven as políticas da memoria, contrapondo principalmente os exemplos español e británico. Explora a cousificación da memoria e a conversión dos lugares históricos en espazos turísticos a través dunha imaxe construída polo poder. Está dividido en dúas partes, “A escena do crime”  e “Convocando os fantasmas”

Titulo orixinal: Plan Rosebud
Tipo: Documental. videocreación
Xénero: Histórico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 232´
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Inglés, castelán, galego
Subtitulada: Inglés, galego

Produtora: Centro Galego de Arte Contemporánea

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: María Ruído / Ángel Santos / Uqui Permui / María Esteirán
Guión: María Ruído
Script: María Ruído
Produción: Ángel Santos / Rosa Nogués
Xefatura de son: Daniel Fernández

Directora

María Ruído

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

parte 1 (inglés) parte 2 (inglés)

VER TRAILER / ANACO