O SABOR DAS MARGARIDAS
Esta ficción estará coproducida por Televisión de Galicia e a produtora CTV de onde parte a idea orixinal. É unha serie policial de seis episodios, dirixida por Miguel Conde e protagonizada por María Mera, Tony Salgado, Ricardo de Barreiro e a colaboración especial de Nerea Barros.
Rosa Vargas, unha muller forte, con recursos e que arrastra un pasado traumático, é unha axente da policía xudicial da Garda Civil que chega a un pequena vila para investigar a desaparición dunha moza conflitiva e sen familia á que ninguén parece interesado en buscar. Nas súas pescudas contará coa colaboración de dous axentes locais cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vai sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución… que ata ese intre permaneceran ocultos na vila “onde nunca pasa nada”.
Titulo orixinal: O sabor das margaridas Emisión ou proxección: Televisión de Galicia
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Dirección artística: / Ángel Amaro
Guión: / Raquel Arias / Ghaleb Jaber Ibrahim / Eligio R. Montero
Produción: / Concha Fontenla
Dirección fotografía: / Suso Bello
Xefatura de son: / Carlos Mouriño
Director
Miguel Conde |
Elenco
Claudia Basallo | A. Armenteros | Ánxela Ríos | Jimmy Núñez | Sara Sanz |
IMAXES DO FILME
BAIXAR A SERIE
VER O TRAILER / ANACO