O HOME QUE VIU A HITLER EN SAMOS
Barreiro Rivas lembra eses días con todo detalle nunha entrevista do xornalista Xosé de Cora para Telelugo.
Rematada a II Guerra Mundial, Julio Barreiro Rivas realiza diversos traballos de construción coa empresa da familia no noreste da provincia de Lugo. Un deles vai ser a nova casa cuartel da Garda Civil en Samos e reformas no mosteiro da mesma localidade. Alí terá un encontro sorprendente. Baixo os hábitos de dous monxes benedictinos cre recoñecer a Adolf Hitler e Eva Braun, oficialmente mortos no bunker berlinés. Outros veciños da zona confírmanlle a chegada dun misterioso avión que traslada ao chanceler alemán.
Titulo orixinal: O home que viu a Hitler en Samos Emisión ou proxección: Telelugo
|
FICHA ARTÍSTICA
Guión: / Xosé de Cora
Montaxe: / Telelugo
Director
Xosé de Cora |
Intervintes
Xosé de Cora | Barreiro Rivas |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |