O EXPLORADOR

Unha serie documental de entretemento da Televisión de Galicia, en que un aventureiro moi ameno -con boina, zurrón e iPad- séguelles a pista de episodios singulares da nosa historia para botar luz sobre eles. Esta serie da produtora coruñesa Vudú Films para a canle autonómica, que consta de oito capítulos de 50 minutos de duración, está dirixida, guionizada e realizada por Ricardo Llovo e Joaquín Pedrido.

O actor Sergio Zearreta encarna a “O Explorador”, un divertido e intrépido “historiador de a pé”. No seu percorrido, indaga sobre feitos históricos de diferentes épocas, dos que case todos temos un coñecemento xenérico, pero que, a pouco que se fixe a mirada, seguen a albergar zonas de sombra, espazos escuros ou recunchos curiosos nos que aínda ninguén mirou.

Titulo orixinal: O explorador
Tipo: Serie documental
Xénero: Histórico
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 8
Duración dos capítulos: 50´
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego

Produtora: Vudú Films
Emisión ou proxección: Televisión de Galicia          

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección fotografía: / Alberto Fraga
Guión: / Joaquín Pedrido / Ricardo Llovo / Eduardo RollandMiguel Fernández
Montaxe: Joaquín Pedrido / Ricardo Llovo
Produción executiva: / Joaquín Pedrido
Xefatura de son: / Gonso Pedrido

Directores

Ricardo Llovo Joaquín Pedrido

Intervinte

Sergio Zearreta

Elenco de voces

IMAXES DA SERIE

Resultado de imaxes para o explorador, SERIE TVGResultado de imaxes para o explorador serie tvgImaxe relacionadaImaxe relacionadaImaxe relacionada

VER EN LIÑA

galego
CAPÍTULO  5                            A arañeira nazi                                                                                             

VER O TRÁILER / ANACO