O DÍA QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA

Curtametraxe con animación intervalométrica (stop motion) que adapta a obra homónima de Raquel Saiz, ilustrado polo portugués Joao Vaz. Editada en DVD e Blu-ray. Forma parte do proxecto Contos do camiño.

Un conto para transmitirmos aos nenos o pracer pola lectura, e sobre todo para aqueles que cren que a imaxinación constitúe a mellor ferramenta para aprender da realidade. A mamá de Marquiños estaba tan anoxada que empezou a botar fume pola boca coma se fose un dragón. Ao momento, o seu nariz converteuse nun biquelo; e a súa orella esquerda, nunha asa.


 

Titulo orixinal: O día que a mamá se lle puxo cara de teteira       
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 11'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego

                                             

Distribuidora / Imagina International Sales 
Emisión ou proxección / tvG2 
Produtora / Oqo Filmes

FICHA ARTÍSTICA

Montaxe: /Carlos L. Ríos 
Música: / María Mendoza
Presentación ou locución: / Alfonso Valiño 
Xefatura de son: / Santi Jul / Iván Laxe

Director

Arturo Gulín

Elenco de voces

Alfonso Valiño Raúl Dans Miriam Aldrey Matías Brea Gaspar Somoza

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego
 

 

Crea una página web gratis Webnode