O CAZADOR

Baseado no relato de Anton Chéjov, esta curtametraxe foi dirixida por Ángel Santos no ano 2007.

Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas. A construción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe. O cazador é unha curtametraxe que se desenvolve en tres partes ben diferenciadas. En cada unha delas asisitiremos a unha das fases da creación do propio proxecto, partindo da lectura do texto que o inspira ata alcanzar o resultado da ficción final, evidenciando no camiño as pegadas do proceso creativo.

Titulo orixinal: O cazador
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 25´
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 11.993 €
Porcentaxe subvencións: 41,69 %

Produtora: Matriuska Producciones, S.L.
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Música: Composición de Mozart
Produción: Daniel Froiz
Posprodución: Nacho Abia
Fotografías en rodaxe: Álvaro Leiro

Director

Ángel Santos

Elenco

Lois Soaxe Marta Pazos Teté García

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego galego

VER TRAILER / ANACO