O CARRO E O HOME

Filme documental en branco e negro dirixido por Antonio Román e guionizado entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román. Foi rodado en 1940 e estreado en 1945. Finalizada a rodaxe, o filme quedou sen sonorizar. Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ó impulso de Eloy Lozano e a colaboración co Museo do Pobo Galego. Carlos Serrano de Osma sonorizou outra copia pola súa conta en 1945.

O carro representa máis que un transporte de labor na Galicia rural. Formaba parte do traballo, da cultura, da paisaxe e do lecer dos labregos. Así, amósase o ciclo de vida dun carro dende a súa construción ata a súa "morte", ademais doutras tarefas da vida cotiá da aldea como a malla ou a confección do liño.

Titulo orixinal: O carro e o home
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, etnográfico
Produción propia
Realizada en branco e negro
Duración: 11'
Orixe: Galicia
Ano: 1940
Idioma V.O.: Galego

                       

 

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Carlos Serrano
Dirección fotografía: Antonio Román
Guión: Xoaquín Lorenzo / Antonio Román
Montaxe: Antonio Román / Carlos Serrano

Director

Antonio Román

Elenco de voces

Xocas

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego galego galego