O CARRABOUXO
O Carrabouxo é un popular protagonista de humor gráfico en prensa caracterizado por unha gran retranca na súa percepción do mundo. Creado polo debuxante ourensán Xosé Lois en 1984, cando o personaxe cumpría o seu quince aniversario o deseñador Lhosca Arias levouno ao campo da animación nesta serie de vinteseis capítulos, xunto con trece animadores galegos como Xabi Mercero, Ramóm Eijo ou Sergio Rodríguez. Nela explóranse as paixóns do personaxe: o viño, a moto e os cartos.
Titulo orixinal: O Carrabouxo Préstamo: Centro Galego de Artes da Imaxe
|
FICHA ARTÍSTICA
Guión: / Xosé Lois González Vázquez
Música: / Michel Canadá
Produción: / José Manuel Aldea / Lhosca Arias
Director
Lhosca Arias |
Elenco de voces
Xosé Lois Glez. | Paco Lodeiro | Ramom Pinheiro |