NICO

Curtametraxe do IES Porto do Son que aborda o tema do acoso escolar. Recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa, modalidade A, no ano 2006.

Nico é un rapaz normal… que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: o seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; a súa nai, chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous. Chega tarde á clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida.

Titulo orixinal: Nico
Tipo: Curtametraxe
Xénero:  Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 23'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Ningunha lingua

              

Produtora / IES Porto do Son-Soncine

FICHA ARTÍSTICA

Guionista: IES Porto do Son-Soncine
Montaxe: David Pérez

Directores (coordinadores)

David Pérez Luis Avilés

Elenco

Mónica Camaño Alberto Barral David Abeijón Xosé Vila Xosé R.Fernández
Susana Glez. Laura Nogueira

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego

VER TRAILER / ANACO