MIL SORRISOS E UN PERDÓN

Documental que conta a historia de loita e superación dun mozo chamado Dani Fernández ao que un tráxico accidente de tráfico lle cambiou a vida. O filme, dirixido por Bruno Nieto, estreouse no Teatro Principal no marco do 19 Festival de Cine Internacional de Ourense.

Existen historias que xamais deberon ser escritas...Serías quen de perdoar á persoa que destruíu a túa vida?.A historia xira en torno a Daniel, un rapaz ao que dez anos atrás a vida lle deu un duro revés. Un home, que deu positivo en alcol e que conducía polo carril contrario, levouno por diante cando ía camiño a súa casa. Dani perdeu unha perna, pero non as ganas de vivir e de ser feliz. Agora, dez anos despois, Dani está disposto a perdoar á persoa que cambiou a súa vida.

Titulo orixinal: Mil sorrisos & un perdón
Tipo: Documental
Xénero: Drama, biográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego

Emisión ou proxección: Festival Internacional de Cine de Ourense

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Bruno Nieto
Dirección fotografía: Bruno Nieto
Montaxe: Bruno Nieto

Director

Bruno Nieto

Protagonista

Dani Fernández

IMAXES DO FILME

VER O TRAILER / ANACO