MEMORIAS ROTAS

Documental sobre o Batallón Galicia dirixida pola uruguaia afincada en Galicia Manane Rodríguez.

En 1937 na zona da Fonsagrada, na raia con Asturias, desapareceu un grupo de galegos que viñan de loitar contra os franquistas. Chamábanse o Batallón Galicia e dirixíaos o comandante Moreno, militante anarquista da Coruña. Un romance anónimo que perviviu daquela e que cantan os paisanos conta o acontecido. Tamén o relatan testemuños directos da época ou descendentes daqueles.

Titulo orixinal: Memorias rotas (a balada do comandante Moreno)
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, Guerra Civil Española
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 65´ 
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego
Subtitulado: Castelán
Orzamento:  41.125 €

Produtora: TVG / Xamalú Filmes
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: / Ledicia Bellón
Guión: Manane Rodríguez / Carmen García Rodeja / Eliseo Fernández
Produción: / Xavier Bermúdez
Xefatura de produción: Adrián Reza
Son directo: Daniel López
Produción: / Xavier Bermúdez
Montaxe: Manane Rodríguez
Xefatura de son: José Alberto Suárez

Directora

Manane Rodríguez

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO