MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO

A pelicula en 3D "Maimiño" (Meñique en español) dirixida polo cubano Ernesto Padrón, que no 2014 pasou pola carteleira de Cuba e se converteu na máis vendedora de billetes da historia da Illa caribeña, foi proxectada en máis de 60 salas comerciais de España en 2015. Maimiño foi o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). A fita fai unha versión libre do conto infantil do francés Édouard de Labouyale de 'Polgariño' adaptado por José Martí.

Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

Titulo orixinal: Maimiño e o espello máxico
Tipo: Animación
Xénero: Aventura
Coprodución 
Realizada a cor
Duración: 78´
Orixe: Galicia-Cuba
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego, castelán
Dobrada: Inglés, alemán, francés

                

Produtora: Ficción Producciones /  Televisión de Galicia / Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos                                              Subvención ou axuda públicaAgadic / Xunta de Galicia / Ministerio de Cultura de Cuba

FICHA ARTÍSTICA

Dirección asociada: / Bruno López
Dirección de animación: Jerzy Perez
Guión: José Martí / Ernesto Padrón
Banda sonora orixinal: / Silvio Rodríguez 
Música: / Manuel Riveiro
Montaxe dixital: Miguel P. Gilaberte
Produción executivaEsther Hirzel / Julio Casal / Mamen Quintas

Director

Ernesto Padrón

Elenco de voces

Javier Rey María Castro María Pujalte Carlos Blanco Tacho González
Luis Iglesia Monti Castiñeiras A. Mourelos Raúl Dans Gonzalo Failde
Nora Abad Carlos Jimenes Óscar Fernández

IMAXES DO FILME

BAIXAR O FILME

VER TRAILER / ANACO