MACANA DE DOTE, CHE

Curtametraxe dirixida por Miguel Castelo e protagonizado polo esteirán Xosé Manuel Olveira "Pico" e a coruñesa María Pujalte. Cabe suliñar tamén a presenza do escritor noiés Xosé Agrelo Hermo.

Ceronio, un desempregado sen porvir, faille as beiras a Polita, moza casadeira, filla única, herdeira dunha grande fortuna. Galisindo, o pai de Polita, “fixo as Américas” en Bos Aires e, tralo seu retorno, segue a multiplica-la súa riqueza na Terra. Tanto Galisindo como Asperia, a súa muller, non ven con bos ollos a relación da súa afortunada filla cun chaíñas calquera. Ceronio non acouga e atopa saída na aparición de Bartolo, un estraño personaxe que para todo ten solución. Mais, todo ten o seu prezo. Poderá pagar Ceronio? . . .

Titulo orixinal: Macana de dote, che
Tipo: Curtametraxes
Xénero: Comedia
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 40´
Orixe: Galicia
Ano: 1991
Idioma V.O.: Galego

Préstamo: Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora: Abrago Filmes

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Jesús de Frutos
Dirección fotografía: Javier Serrano
Guión: Euloxio R. Ruibal
Música: / Nani García
Montaxe: Miguel Castelo
Axudante de dirección: / Xan Cejudo / Raúl Veiga
Produtor: Manolo González

Director

Miguel Castelo

Elenco

Xosé Olveira Pico María Pujalte Xosé Agrelo Pitusa Paz Glória Ferias
María Rivero Chus Lamas María A.Pérez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

 

Crea una web gratis Webnode