LUME DE FACHÓS
Documentario rodado no verán de 2012 no Castelo de Castro Caldelas, dirixido polo estradense Seném Outeiro e producido por Roi Carballido.
Relatanos a festa tradicional dos fachós na vila de Castro Caldelas. A festa celébrase o 19 de xaneiro, véspera da festividade de San Sebastián, que é o patrón da igrexa de Castro Caldelas. Ese día, antes do anoitecer, a xente da vila xúntase na entrada do Castro pola estrada de Ourense levando os fachós aínda apagados. Cando escurece, bótase unha luminaria sinalando que é o momento de prender os fachós e, co estoupido do primeiro foguete, arrinca a procesión encabezada polos gaiteiros.
Titulo orixinal: Lume de fachós Emisión ou proxección: Castro Caldelas |
FICHA ARTÍSTICA
Sript: / Alonso Sanz
Postprodución de son: / Arnal
Montaxe: / Seném Outeiro
Son directo: / Roi Carballido
Produción executiva: / Roi Carballido
Director
Seném Outeiro |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |