LISTE, PRONUNCIADO LISTER
Documental de Margarita Ledo que contén entrevistas á viúva e ao fillo do propio Líster, entre outras persoas relacionadas con el. O filme tamén ten algunhas escenas interpretadas, máis evocativas que de recreación.
Enrique Líster era canteiro e traballou no capitolio da Habana e no metro de Moscú. Na Guerra Civil chegou a ser comandante en xefe do V Reximento do Exército Republicano, ao que se incorporaron as Milicias Galegas formadas en Madrid. Foi cantado por poetas como Machado e Miguel Hernández, vingou os agresores da súa nai, disentiu do PCE, loitou nos campos de batalla... Un home teimudo que este documental pretende desvelar.
Titulo orixinal: Liate, pronunciado Lister Distribuidora: Ignacio Benedeti Cinema S.L.
|
FICHA ARTÍSTICA
Música: / Mercedes Peón
Dirección fotografía: / Ricardo Rezende
Guión: / Margarita Ledo
Produción: / Xosé Luis Ledo Andión
Dirección artística: / Bernardo Tejeda
Montaxe: / Silvia Roca
Xefatura de produción: / Margarita Ledo
Director
Margarita Ledo |
Elenco
Mónica Camaño | Margarita Fdez. | Zé Paredes | Anxo Laborda |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |
VER TRAILER / ANACO