FRAGMENTOS DE BRAND
Longametraxe realizada no 2012 por Carlos Álvarez-Ossorio, inspirada na montaxe teatral "Brand" da compañía Cámara Negra, unha nova ollada sobre un poema dramático de Henrik Ibsen.
Brand esperta xunto a unha árbore, no medio dun espazo desolado. Semella non recordar quen é nin que fai aí. Tras deambular sen rumbo, atópase con tres descoñecidos que non pronuncian palabra ningunha. Sen saber moi ben que queren del, Brand, que cre ver en todo signos bíblicos dunha posíbel misión divina, déixase levar por eles. A partir dese momento, todo se desenvolve como un pequeno conto, á vez inxenuo e cruel, nun ambiente rudo, basto e primitivo.
Titulo orixinal: Fragmentos de Brand Produtora: Cámara Negra Teatro |
FICHA ARTÍSTICA
Cámara: /Diego Frey
Dirección artística: / Anxo Cendal
Dirección fotografía: / Diego Frey
Guión: / Carlos Alvarez-Ossorio
Música: / Francisco José Cuadrado
Montaxe: / Carlos Alvarez-Ossorio
Produción: / Carlos Alvarez-Ossorio / Fátima R. Varela
Son: / Xoán Escudero Rodríguez / David Machado
Director
Carlos Alvarez-Ossorio |
Elenco
X.M.Esperante | Teté García | Alejandro Carro | X.L.Baño"Tanas" | Marta Pérez |
IMAXES DO FILME
VER TRAILER / ANACO