O FONDO GALEGO, COMPROMISO COA SOLIDARIEDADE

O Fondo Galego de Cooperación e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios acreditan na contribución da comunicación á sensibilización, a transparencia e o desenvolvemento. Froito da colaboración entre ambas as dúas entidades é este audiovisual realizado por un equipo de voluntariado profesional de Agareso, que mesmo se desprazou a Cabo Verde para realizar as filmacións. A peza amosa os proxectos impulsados no arquipélago africano, en Cuba e en Nicaragua, pero tamén as diversas actividades realizadas en Galicia, amais de explicar a razón de ser do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Deste xeito, achéganselle á cidadanía os resultados da cooperación descentralizada promovida polas Deputacións e Concellos socios.

Titulo orixinal: O Fondo Galego, compromiso coa solidariedade
Tipo: Documental
Xénero: Solidariedade, etnográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 24´
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego 

                

Produtora: Agareso

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: / Xacobe González / Doris Ingham
Guión: / Carmen Novas / Mónica González 
Montaxe: / Xacobe González
Narradora: / Paula Carro
Música: Raúl Grillo / Mendes Brothers / Xochinahuat / Alfredo Chocolate / Armenteros

Directora / Coordinadora

Carmen Novas

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego
 

VER TRAILER / ANACO