DE PROFUNDIS

unha produción galega do ano 2006 dirixida por Miguelanxo Prado.

Trátase dunha longametraxe de animación de 71 minutos de duración que narra unha historia con raíces nos mitos da cultura atlántica. Os protagonistas do filme  son un pintor que soña ser mariñeiro e pescador, e unha muller que toca o violoncello, namorados e compartindo unha casa no medio do mar.

A produción corre a cargo de Continental Producciones, S.A., Desembarco Producións, S.L., Estrella Galicia e Zeppelin Filmes, mentres que a distribuidora foi Biblos Clube de Lectores. A cinta 19 de estreouse o 17 de xaneiro de 2007 e foi nominada aos premios Goya de 2006 na categoría de mellor longametraxe de animación.

Titulo orixinal: De Profundis
Tipo: Animación
Xénero: Natureza
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 80'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: ningún idioma
Orzamento: 1.455.350 €
Recadación: 33.551 € 
Espectadores: 6.252
Importe subvencións: 194.642 €
Capital Galego: 80 %

Distribuidora / Biblos C. de Lectores / Cameo Media 
Produtora / Continental Producciones, S.L. /Desembarco Producións, S.L. / Estrella Galicia /Zeppelin Filmes

 

FICHA ARTÍSTICA

Guionista: / Miguelanxo Prado 
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Nani García 
Produción Executiva: Chelo Loureiro 
Produción: / Pancho Casal

Director

   Miguelanxo Prado

 

IMAXES DO FILME

VER FILME EN LIÑA

VER TRAILER / ANACO