CUESTIÓN

Curtametraxe experimental escrita e dirixida por Estela Pan Vázquez en 2007.

A historia mínima, os personaxes captados no momento decisivo que non son os segundos nos que o obturador está a captar a imaxe senón algo máis que permite dilatarse a condensación semántica da fotografía facendo da composición en movemento unha acumulación de instantes decisivos. Deste xeito a posta en escena convídanos da arte da dramaturxia a acceder a códigos de interpretación que só eran aplicados a determinadas manifestacións artísticas. Este xiro leva a linguaxe fílmica a un punto onde está o xusto, o preciso, o que se converte en signo para dilucidar todo o entrabado da significación. Afeitas ao vínculo entre o cinema e a literatura ou o cinema e narración achegámonos a outra beira, aquela da plasticidade sendo fílmico per se o fundador da beleza. Beleza estética que non pode estar exenta de verdade.

Titulo orixinal: Cuestión
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Experimental
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 7´
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Subvención ou axuda pública: Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Estela Pan
Dirección artística: Estela Pan
Guión: Estela Pan
Montaxe: Esther F. Carrodeaguas
Xefatura de son: Pablo Bermejo

Directora

Estela Pan

Elenco

Iolanda Cantero Borxa Vilas

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego