COUSAS DO KULECHOV

Falso documental escrito e dirixido por Susana Rei.

Creación videográfica baseada na montaxe como exercicio de alteración da percepción. A partir de imaxes reais (mariscadores, bateas, incendios forestais, bombas de palenque), habituais en telexornais e documentais, créase unha historia bélica na que un exército invade Galicia. O relato ficticio artéllase en torno aos seguintes eixos: Desembarco inimigo nas costas, destrución de poboacións, fuxida ao interior, resistencia, reconversión do sector pesqueiro e gandeiro en industria bélica e vitoria final. 

Titulo orixinal: Cousas do Kulechov
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama, bélica
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 21´
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 29.950 €
Porcentaxe subvencións: 33 % 

Subvención ou axuda pública: Consellería de Cultura

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Susana Rey Crespo
Guión: Susana Rey Crespo
Montaxe: Susana Rey Crespo

Directora

Susana Rei

Elenco de voces

Anxo Quintela

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego