COSTA DA MORTE
Longametraxe documental sobre A Costa da Morte realizado por Lois Patiño.
O dramático topónimo provén dos numerosos naufraxios que se sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra a observarmos as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros... Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.
Titulo orixinal: Costa da morte Emisión ou proxección: Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) / Cines Xunqueira de Cee |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Carla Andrade
Auxiliar de montaxe: / Pablo Gil Rituerto
Música: / Ann Deveria
Guión: / Lois Patiño
Montaxe: / Lois Patiño
Produción: / Felipe Lage Coro / Martín Pawley
Xefatura de son: / Miguel Calvo / Erik T. Jensen
Director
Lois Patiño |
IMAXES DO FILME
VER TRAILER / ANACO