CORCURSANTE

Produción galega estreada en 2007 e rodada o ano anterior. Está dirixida e protagonizada polos ourensáns Rodrigo Cortés e Miryam Gallego respectivamente.

Conta a historia dun profesor universitario, Martín (Leonardo Sbaraglia), que se converte no gañador do galardóno máis cuantioso da historia da televisión: un total de tres millóns de euros traducidos en todo tipo de premios. A moza de Martín, Laura (Miryam Gallego) verá nisto unha oportunidade de ouro para cambiar a súa vida e cumprir os seus desexos inmediatos sen pensar nas consecuencias que pode ter a longo prazo. O que semellaba ser un golpe de sorte e un soño feito realidade pasa a ser un auténtico pesadelo: Facenda queda coa metade dos cartos e ser rico resulta máis caro do que imaxinaba. O protagonista intentará desfacerse de todo o obtido e contará coa axuda dun economista chamado Edmundo (Chete Lera).

Titulo orixinal: Concursante
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 86'                                                         Orixe: Galicia-España                                           Ano: 2006                                                            Idioma V.O.: Castelán                                         Dobrada: Galego                                         Espectadores: 52.123

Emisión ou proxección / Televisión de Galicia
Produtora / Continental Prod. /Lazonafilms  / Nephilim P. / TVG  / TVE
Subvención ou axuda pública / Xunta de Galicia

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA                                   (español)

 

VER TRAILER / ANACO