CONEXIÓN

"Conexão" é unha miniserie de dous episodios de noventa minutos dirixida por Leonel Vieira, que revela as ligazóns do narcotráfico entre o Norte de Portugal e a Galiza nun ambiente onde a realidade e a ficción se mesturan. Unha Coprodución feita por: Stopline, RTP, Continental Producciones, TVG, Prodigius Cinema e TV3 (Cataluña).

O filme xira en torno ao narcotráfico na fronteira entre o Norte de Portugal e Galicia, punto de maior entrada de droga de Europa. A historia non só reflicte a realidade dos clans senón que se interna nas implicacións sociais que supón, mesturando diferentes tramas e puntos de vista cunha grande dose de acción e unha estética visualmente impactante.

Titulo orixinal: Conexão
Tipo: Longametraxe, miniserie
Xénero: Dramaacción, filme para tv
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 180´
Orixe: Galicia-Portugal-Cataluña
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego, portugués e castelán
Subtitulado.: Galego, portugués, catalán, castelán, inglés
Importe subvencións: 91.860 €

Emisión ou proxección: TVG / TV3 / RTP
Produtora: Continental P. / Prodigius / Stop Line
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Raul Correia / Iris Reis / João Sales
Dirección fotografía: José António Loureiro
Guión: Jorge Almeida / João Nunes
Música: / Xavier Capellas / Manuel Riveiro
Montaxe: /  Santi Borricón / Carmen Ruiz
Dirección artística: Fernanda Morais
Produción: /  Pancho Casal
Xefatura de son: / Juan Day

Director

Leonel Vieira

Elenco

Mela Casal Xabier Deive Monti Castiñeiras Muriel Sánchez Pepo Suevos
  
Mabel Rivera Ernesto Chao Francesc Garrido Ivo Canelas Cristovão Campos
Joaquim Nicolau Ariadna Cabrol Aldo Lima Susana Arrais Almeno Gonçalves
Marc Martínez Paco Hidalgo António Cordeiro Orlando Costa João Maria Pinto
Maria d'Aires Silvia Rizzo Tiago Aldeia Óscar Branco Sergi Cervera
Figueira Cid Júlio Martin José Mata Adelino Tavares Pedro Varela

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

Parte 1 Parte 2 Parte 1 Parte 2

VER TRAILER / ANACO