CHICKEN GUN

Curtametraxe co-escrita e dirixida por Carolina Brea na Escola de Imaxe e Son de Vigo no ano 2005.

Conta a historia de Viriato e Tirillas que tras gastar o diñeiro da caixa da tenda de polos de Manoli (muller e irmá de ambos os dous), xogando ás comecartos, deciden atracar unha gasolineira que se atopa aos arredores da cidade. Alí traballa Sito, ao que sen pretendelo lle farán a vida imposíbel. O atraco non sae como eles pretendían e tentan desinvolucrarse como poden, isto levaraos a vivir unha auténtica aventura tentando desfacerse das probas que os implican no caso.

Titulo orixinal: Chicken Gun
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comediaaventura
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 13´
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego

                                              

Produtora: Escola de Imaxe e Son de Vigo
Emisión ou proxección: Escola de Imaxe e Son de Vigo / Festival de Cans

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: María García Mao
Dirección fotografía: Montxe López
Guión: Carolina Brea / Hector Pintos
Montaxe: Hector Pintos
Produción: Susana Galdámez
Axudante de dirección: Yago Pérez
Dirección artística: Iria Buceta
Xefatura de son: Javier Rebolo

Directora

Carolina Brea

Elenco

Álex Maestre Javier Fernández Araceli Fdez. MªOliva Fdez.  Jorge M. Vidal
Rubén Giraldez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

 

Crea una página web gratis Webnode