CHECKOUT

Curtametraxe de animación producida polas produtoras galegas Ficción Producciones e Audiovisual de Servicio Kairos, e dirixida por Salvador Rubio Gómez e Iker García Santander.

Un supermercado, pouco antes de pechar. Un mozo despistado que ten necesidade de pasar pola caixa. Unha irritábel caixeira tola por marchar para a casa. Un estrito supervisor na procura de alguén a quen despedir. Un enorme garda de seguridade ao borde dun ataque de nervos. Dous minutos para o peche... e, malia todo, incríbelmente, pode xurdir o amor. 

Titulo orixinal: Checkout
Tipo: Animación
Xénero: Romántica, comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 7´
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Importe de subvencións: 17.717 € 

    

Produtora: Ficción Producciones, S.L. / Kairós
Emisión ou proxección: Festival de Cine I. de Ourense / TVG
Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia

FICHA ARTÍSTICA

Produción executiva: Julio Casal / Mamen Quintas
Guión: Salvador Rubio
Música: / Manuel Riveiro
Montaxe: Luís Faraón

Directores

Iker García Salvador Rubio

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego