CASTELAO E OS IRMÁNS DA LIBERDADE

Documental escrito e dirixido por Xan Leira no 2000 sobre o polifacético rianxeiro Daniel Rodríguez Castelao.

A figura do pensador galego máis destacado do século XX serve de fío conductor para irmos coñecendo Galicia dende comezos de século ata 1951, ano da morte do líder galeguista. Mediante a voz de toda unha miríada de persoas que o coñeceron persoalmente vemos como era o Castelao real e como a súa figura era percibida polos seus coetáneos. A implicación de Castelao no galeguismo mediante as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista chéganos dos testemuños directos de Xaime Illa Couto, Antón Fraguas ou Francisco Fernández del Riego. 

Titulo orixinal: Castelao e os irmáns da liberdade
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, biográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 77´
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 240.500 €

Distribuidora: Biblos Clube de Lectores / La Voz de Galicia / TVG
Produtora: Acuarela Comunicación, S.L.L. / TVG

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Chino Collado / Francisco Vila
Guión: Xan Leira
Cámara: Chino Collado / Xabier Bar / Montserrat Varela / Raúl Indarte / Natasha Vázquez
Dirección artística: Marcela Santorun
Montaxe: Xan Leira / Sonia Campos
Produción executiva: Xan Leira
Música: Jorge Olivera

Director

Xan Leira

Intervintes

Luis Iglesia Daniel Castelao Fdez. del Riego Avelino P. Antelo Díaz Pardo
Eugenio Granell Antón Fraguas Xaime Illa Xosé L. Bóveda Borobó
Manuel Canabal Toni de Searez Ramón Esturao Francisco Rey Anisia Miranda
Ángel Augier Santiago Carrillo Elixio Rodríguez Xosé Neira Vilas Mariví Villaverde
Maruxa Seoane Rosa Puente Clotilde Iglesias Ricardo Flores Bernardo Souto
José C.Calviño

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

VER TRAILER / ANACO