CASEIROS
Esta serie de 2014, ambientada nun edificio e con divertidas disputas entre os seus veciños, foi unha aposta de humor da canle pública galega, cuxa produción correu a cargo de Central de Telecontenidos, de Xosé Mª Besteiro, produtor de series tan recoñecidas como "Mareas Vivas" ou "Libro de Familia".
A serie narra a convivencia forzosa entre personalidades variopintas con soños e aspiracións moitas veces irreconciliables e sempre disparatados. Os protagonistas, os irmáns Lola (Isabel Risco) e Roi (Roi da Costa), ambos ous dous desempregados, múdanse a un apartamento en alugueiro tras acadar un acordo cos seus avarentos caseiros, Eladio (Pepo Suevos) e Viruca (Elena Seijo), que queren un contrato fixo para os inquilinos. Ante estas esixencias, Roi farase pasar por un alto cargo do Goberno. No edificio tamén habita o fillo dos caseiros, Lalo, capaz de voar o edificio ao menor descoido, e Dorinda (Susana Dans), unha vella inquilina de renda antiga, ameazada de desafiuzamento e demasiado afeccionada ao viño en 'tetrabrick'.
Titulo orixinal: Caseiros Emisión ou proxección: Televisión de Galicia
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Dirección artística: / Inés Rodríguez
Dirección fotografía: / Sergio Franco
Guión: / Rosa Castro
Música: / Roi Casal
Montaxe: / Fernando Alfonsín / Adrián Pino / Víctor Velasco
Produción executiva: / Xosé María Besteiro
Axudante de dirección: / Begoña Vidal
Xefatura de son: / Óscar López / Carlos Mouriño / Miguel Seixo
Director
Chema Gagino |
Elenco
Martín Vázquez | Héctor Arteaga | Boris Morandeira |
IMAXES DA SERIE
VER EN LIÑA
galego |