CALQUERA INFINITO POSIBLE

Curtametraxe de Roi Alonso correspondente á tese feita como bolseiro no City College of New York,¨protagonizada polo actor galego Celso Bugallo, gañou catro premios principais no XII Festival Cityvisions en Nova York.

Conta á historia de dous xogadores de xadrez, dúas almas perdidas: Anibal, un vello mariñeiro galego, un home escéptico despois de mil loitas contra a alma dun poeta; e Yotuel, un disidente cubano novo que quere seguir sendo comunista, pero libre. O xogo revelará unha historia común de soños rotos, unha historia que un quere esquecer; unha historia que debe ser recordada polo outro. Dúas formas diferentes de sobrevivir ao pasado.

Titulo orixinal: Any kind of infinity
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 19´
Orixe: Galicia - EE.UU.
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego, castelán
Subtitulada: Castelán, inglés, galego

                

Produtora: R.F.A Protuctions

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Roi Fernández
Guión: Roi Fernández
Montaxe: Roi Fernández

Director

Roi Fernández

Elenco

Celso Bugallo Modesto Lacen

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO