ARIMA
Thriller psicolóxico do ano 2018 escrita e dirixida pola directora donostiarra Jaione Camborda e interpretada polos actores galegos Mabel Rivero, Melania Cruz, Tito Asorey, Rosa Puga ou a nena Nagore Arias.
Arima é aquilo que ves a través da néboa, aquilo que intúes pero non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo. Arima é a historia de catro mulleres e unha nena que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, agochándose polo pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de moitos xeitos a vida das mulleres. Todo iso moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia imbuída de misterio.
Titulo orixinal: Arima Produtora: Esnatu Zinema / RTVG
|
FICHA ARTÍSTICA
Axudante dirección: / Conchi Iglesias
Director de arte: / María Lolo
Director de fotografía: / Alberte Branco
Guión: / Jaione Camborda
Produción: / Jose Alberto Fuentes
Produción executiva: / Jaione Camborda / Carlos Martinez Carbonell / Alfonso Zarauza
Directora
Jaione Camborda |
Elenco de actores
Melania Cruz | Tito Asorey | Rosa Puga | Iria Parada | Mabel Rivera |
Nagore Arias |
IMAXES DO FILME
VER TRAILER / ANACO