AIR GALICIA

Serie de humor da TVG producido por Zopilote S.L e CTV, e creado por Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía e que comezou a emitirse no 2007.

Espazo que pretende, en palabras dos seus creadores, "rirse dunha maneira de ser, a nosa". Unha serie de sketch curtos intentan reflectir de maneira irónica a relación que os galegos mantemos con diferentes temas, desde os deportes ata o Camiño de Santiago, desde as vacacións á política e así con distintas actitudes fronte á vida. Air Galicia é un programa de humor en que ten cabida a crítica social, a parodia televisiva e o humor político, sen renunciar a certas doses de surrealismo absurdo e transgresión. Aínda que de temática diferente, todos os programas incluirán aparicións de personaxes recorrentes: un avogado con poucos escrúpulos, uns rapaces de barrio periférico, un camioneiro, o persoal dunha clínica sanitaria, unha parella particular de construtores e a aparición estelar de catro tiranos mortos: Hitler, Mussolini, Stalin e Pol Pot, que participarán en parodias de programas históricos da televisión mundial. 

Titulo orixinal: Air Galicia
Tipo: Serie
Xénero: Comedia, feito para televisión
Coprodución
Realizada a cor
Capítulos: 63
Duración dos capítulos: 30´
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Distribuidora: Televisión de Galicia
Produtora: Servicios Audiovisuales CTV S.A.Zopilote S.L.
Emisión ou proxección: Televisión de Galicia

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección artística: Paz Rascado / José Antonio Perozo
Guión: Carlos Ares / Xosé Castro / Andrés Mahía
Axudante de dirección: / Tania R. Pino
Montaxe: Santi Puente
Produción excutiva: Carlos Ares / Xosé Arias / Andrés Mahía / Xosé Castro
Música: / Piti Sanz
Produción: Marta Luque / José Antonio de la Fuente / Ángel Seoane

Directores

Carlos Ares Xosé Castro Andrés Mahía

Elenco

X.M.Olveira Pico A. Durán "Morris" Isabel Risco Evaristo Calvo Federico Pérez
Manuel Manquiña Marcos Pereiro Patricia Vázquez Isi Marcos Correa
Carlos Jiménez Marián Bañobre Xosé Touriñán Héctor Arteaga Manolo Cortés
Víctor Mosqueira Piti Sanz Chus Doval

IMAXES DO FILME

avg_video_airgalicia.jpg

VER EN LIÑA

galego

BAIXAR A SERIE

VER O TRAILER / ANACO

 
 

Titulo orixinal: 
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 
Duración dos capítulos: 
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego

Emisión ou proxección: 

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Cámara: /
Dirección fotografía: 
Guión: 
Música: / 
Montaxe: 
Xefatura de son: /

Director

 
 

Elenco

         
         

IMAXES DO FILME

 

VER EN LIÑA

galego