1930: HIDROAVIÓN ALEMÁN DO-X NA CORUÑA

Único documento cinematográfico que se conserva da chegada a Galicia do hidroavión Dornier Do-X, orgullo da aviación alemá que fora construído en Rorschach, pertencente á colección particular de Alfonso Bartolomé.

A prensa deu noticia da súa chegada dende semanas antes. En torno ás dez e media da mañá do 23 de novembro de 1930 sóubose Na coruña que o Dornier X saía de Santander. Un fogueteiro contratado polo Concello avisou da chegada dende a parte posterior do Hospital Militar, ás 13.30 horas amarando nas proximidades do castelo de San Diego ás 13.30 horas. Desprazóuse cara á fronte das Casas de Paredes onde quedou amarrado a unha boia. Foi visitado por público procedente de toda Galicia. O hidro contaba con tres pisos, 16 motores, capacidade para 170 pasaxeiros e unha tripulación de 16 homes. O día 27 deixou A Coruña cara Lisboa.

Titulo orixinal: 1930:Hidroavión alemán Do-X na Coruña
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia 
Realizado en branco e negro
Duración: 2´
Orixe: Galicia
Ano: 1930
Idioma V.O.: Ningunha lingua 

          

 

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Berguer
Montaxe: Berguer

Director

Berguer

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA