A VOLTA DOS NOVE

Unha historia sobre a memoria da memoria, que parte da vinganza perpetrada o día 15 de outubro de 1936, cando nove homes foron asasinados en Baiona a consecuencia duns feitos acontecidos dous días antes, e que supuxeran a morte dunha veciña desa vila e mais dun falanxista. Así resume Antonio Caeiro, director do documental “A volta dos nove”, o argumento dun traballo filmográfico nominado aos premios Mestre Mateo.

Felicísimo, 44 anos e mariñeiro de Panxón. O Ghonda, 36 anos e labrador da Ramallosa. O Lijó de Corrubedo, mariñeiro en Bahíña. O Rei Quiquito, 47 anos e mariñeiro tamén de Panxón. Fidel, 51 anos, e mariñeiro de Baiona, coma O Pelonio, que contaba 45. O Ferreiro do Burgo, 30 anos e mecánico de Bahiña. Generoso, de 37, mariñeiro. E Manuel Aballe, outro mariñeiro. Estes son os nomes das nove persoas asasinadas polos fascistas no lugar coñecido coma a Volta dos Nove, na curva da Bombardeira.

Titulo orixinal: A volta dos nove
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, Guerra Civil Española
Produción propia 
Realizada a cor, en branco e negro
Duración: 63´
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego

    

Produtora: O Faiado Producións                         

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Xan Lourenzo / Lluis Massachs / José Luis García
Documentación: / Margarita Teijeiro
Animación: / Pablo Millán / Ana Lombao
Tema " Fía na roca": / Davide Salvado / Rosa Leiro / Juan Carlos Cambas
Guión: Antonio Caeiro
Música: / Arturo Kress
Montaxe: Antonio Caeiro
Animación fotográfica: Rafa Molina / Pablo Ces / Virginia Sotelo

Director

Antonio Caeiro

Intervintes

Manuela Lijó Manuel González Eugenio Rodríguez Elisa Pérez Álvaro Fernández
Cándido Alonso Carmen Fernández Josefa Morell Joaquín Caeiro Julia Barbosa
Liberata González Marina Solla J. Santodomingo Teresa Cabral Evaristo Cabral
Amelia Fernández Manuel González Vicente Valverde José Valverde Fca. Villafines
Carmiña Cambeiro Urbano Martínez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

a morte dos ineses

VER TRAILER / ANACO