A VIAXE DE LESLIE

Filigrana que xoga na ambigua frontera do documento e a ficción, construida enteiramente co material de arquivo (traballo que lle valeu a Marcos Nine un Mestre Mateo á mellor montaxe), A viaxe de Leslie fala da vida diaria e da causa (especulada) da morte do actor británico e galán hollywoodense Leslie Howard. Unha trama que viaxa da espionaxe internacional aos segredos dunha personalidade peculiar para levarnos ao que fora a derradeira viaxe de Leslie que o trouxo, precisamente, a Galicia: o que comezou a bordo dun avión comercial que foi derribado, sen deixar supervivintes, por un escuadrón alemán fronte a costa de Cedeira durante a Segunda Guerra Mundial  (xuño de 1943). Unha posíbel (e emocionante) reescritura da historia cuxa tinta son as imaxes que a rutilante carreira de Howard, e o cinematógrafo, foi deixando ao seu paso na convulsa primeira metade do século XX.

Titulo orixinal: A viaxe de Leslie
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, biográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 75´
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego, inglés, castelán
Subtitulada: castelán

             

Emisión ou proxección: Festival Primavera do Cine en Vigo 2015
Produtora: Portocabo

FICHA ARTÍSTICA

Deseño gráfico: Fran X. Rodríguez
Guión: Pepe Coira Daniela Arias / Marcos Nine
Documentación: / Daniela Arias / Manuel López-Benito
Produción: / Alfonso Blanco
Produción executiva: / Pepe Coira
Montaxe: Marcos Nine
Xefatura de son: Roi Gil

Director

Marcos Nine

Elenco de voces

Carolina Vázquez

IMAXES DO FILME

VER O TRAILER / ANACO