A TRAXEDIA DE XIROBIO
Está considerada a primeira longametraxe de ficción producida en Galicia. Foi dirixida e interpretada polo tamén xornalista nado en Porto Rico e, posteriormenta afincado en Vigo, José Signo Garcés. Estivo protagonizada por Julio Rúa e actores da Agrupación Dramática Galega. A súa estrea, prevista para o ano 1931, non chegou a materializarse. O filme é unha adaptación libre da narración de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recollida no seu libro Cousas promovida por Vicus Films.
O filme baséase nunha das corenta e catro pequenas pezas que conforman o libro, concretamente: " Xa van alá moitos anos e aínda hoxe teño remorsos. Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras choqueiras. Sempre os dous mesmos esterqueiros, coas mesmas caretas, cos mesmos traxes, cos mesmos dios. Eles sabían un segredo amoroso da miña mocedade e tódolos anos viñas chantarmo na cara coas mesmas verbas, coas mesmas gargalladas paifocas..."
Titulo orixinal: La tragefia de Xirobio Produtora: Vicus Films |
FICHA ARTÍSTICA
Intertítulos: / José Signo
Dirección fotografía: / José Signo
Guión: / José Signo / Daniel Rodríguez Castelao
Música: / Ángel Teijeiro
Montaxe: / José Signo
Director
José Signo |
Elenco
Julio Rúa | José Signo |
Autor da obra
Daniel Castelao |
IMAXES DO FILME