A TERCEIRA PÓLA

Documental de Rubén Pardiñas estreado na Televisión de Galicia o 17 de maio, sobre o galego que se fala en Extremadura.

Un achegamento aos habitantes dos tres concellos galegofalantes de Estremadura (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello), que opinan sobre a orixe da súa lingua, falan da súa identidade e tamén dos seus vencellos con Galicia. Interveñen, ademais de paisanos da zona, xente coma Xosé Henrique Costas, filólogo especialista no “valego”, Francisco Fernández Rei, catedrático de filoloxía románica, Domingo Frades, académico correspondente en Estremadura da Real Academia Galega ou Máximo Gaspar, alcalde de San Martín de Trevello.

Titulo orixinal: A terceira póla, Un recanto de fala galega en Extremadura
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 27'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Orzamento.: 10.000 

          

Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG) 
Produtora / Pasacana Films / Televisión de Galicia (TVG)

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: / Carlos Aguilera 
Guionista: / Rubén Pardiñas 
Montaxe: / Carlos Aguilera 
Produción: / Miguel Gavito 
Xefatura de son: / David López 

Director

Rubén Pardiñas

Intervintes

Xosé-H. Costas Fran. Fdez. Rei P. Ceremuzynska Erika Jaráiz Ángela Nantes
Carlos David Glez. Emma Agra Alberto Leal Inés Vázquez Julio Gavito
Marta Gómez Lucía Caeiro

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

Parte 1 Parte 2

VER TRAILER / ANACO