A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR
Curtametraxe con animación intervalométrica (stop motion) que adapta a obra homónima de Roberto Aliaga Sánchez, ilustrada por Alessandra Cimatoribus e traducida ó galego por María Luisa Núñez. Editada en DVD e Blu-ray. Forma parte do proxecto Contos do camiño.
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas.), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero o único que quere é que a deixen tranquila.
Titulo orixinal: A tartaruga que quería durmir Produtora: Oqo Filmes
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Deseño de voces: / Raquel Méndez
Escenografía e personaxes: / Pascual Pérez / Zé Carlos Pinto
Presentación e locución: / Alfonso Valiño
Música: / Toni Cantal
Montaxe: / Carlos L. Ríos
Xefatura de son: / Santi Jul / Iván Laxe
Director
Pascual Pérez |
Elenco de voces
Alfonso Valiño | Miriam Aldrey |
IMAXES DO FILME
BAIXA-LO FILME
VER EN LIÑA
galego | galego | galego | español |