A SINAPSE DO CÓDICE
Documental ficcionado foi dirixido por Pablo Iglesias e protagonizado por Tessa Bergmeier.
Ana é unha estudante de cine que, ao acabar o seu curso na Sorbonne, promételle a Cátia, unha amiga súa que é actriz, escribir un guión para que ela volva a Europa e sexa a protagonista. Ana, influenciada polo coñecemento cultural de seu irmán Kristoff, acaba lendo o Códice Calixtino, onde se recollen as experiencias do camiño francés na ruta Xacobea cara a Santiago de Compostela. Aí descobre o personaxe de Gerberga de Flandes, a primeira muller que percorreu esta vía. Ana namórase desta personaxe e decide realizar a experiencia vivida por Gerberga no libro.
Acompañada por un equipo de cámaras e durante doce días, Ana irá desde Saint Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela, realizando unha viaxe iniciática de madurez espiritual e en que descubrirá un gran segredo: quen era realmente Gerberga de Flandes.
Titulo orixinal: La sinapsis del Códice Emisión ou proxección / Televisión de Galicia |
FICHA ARTÍSTICA
Música: / Manuel Riveiro
Realización: / José Carlos Santos
Director
Pablo Iglesias |
Elenco
Miguel de Lira | Luis Tosar | Óscar Jaenada | Tessa Bergmeier | Sara Casasnovas |
Sergio Pazos | Hugo Silva |