A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA
Longametraxe de corte histórico que describe o nacemento, a estrutura organizativa e a función do tribunal da Inquisición Española a través do proceso contra María Soliña en Galicia a principios do século XVII. Cóntase a crónica dos feitos facendo fincapé nas motivacións históricas e sociais que houbo detrás das acusacións de bruxería daqueles tempos.
María Soliña é un dos personaxes lendarios da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume de xeito claro a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non só en Galicia senón tamén en toda Europa, acusadas de bruxería e xulgadas polo Tribunal da Inquisición. María Soliña converteuse nunha icona da cultura galega, a súa historia foi transmitida de xeito oral para ser tratada ó longo de todos estes anos por numerosos artistas e historiadores ata convertela nunha nova Xoana de Arco.
Titulo orixinal: A paixón de María Soliña Produtora / Productora Faro, S.A.
|
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Andrea Vázquez
Cámara: / Damián Varela
Deseño de decorados: / Raquel Vázquez
Dirección fotografía: / Jose Fernández
Guionista: / Alfonso Castaño / Emilio Fernández
Maquillaxe: / Isabel L. de Diego
Montaxe: / Damián Varela
Música: / Iván Salgado / Mel de Meiga
Xefatura de produción: / Javier Collazo
Xefatura de son: / Iván Mosqueira
Directores
Alfonso Castaño | Emilio Fernandez |
Elenco
Luma Gómez | Suso Cortegoso | Xaime Aguiar | Ángel Outerelo | Marta González |
Manuel Pombal | Alfredo Rguez. | Ángel Regueiro | Miguel Llanderas | Manuel Novoa |