A MARIÑEIRA
Filme galego do ano 2007 dirixido e co-escrito por Antón Dobao que foi estreado na TVG o Día das Letras Galegas de 2008. Baseado no relato “A Mariñeira de Quilmas”, de Darío Xohán Cabana.
A través de “A Mariñeira” navegamos rumbo á época máis cruda do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e os primeiros anos da posguerra. Esta filme permítenos, por unha banda, ser testemuñas do terror do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estourar a guerra. Introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente en Quilmas, na parroquia de Pindo, entre a paisaxe rosada do monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona. Drama histórico que conta a valentía dunha muller galega que fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que asolan a poboación.
Titulo orixinal: A Mariñeira Emisión ou proxección / TVG / Cines Xunqueira |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Tania R. Pino
Dirección artística: / Curru Garabal
Dirección de produción: / Mamen Quintas
Dirección fotografía: / Suso Bello / Suso Bello
Figurinista: / Ana López
Guionista: / Xabier Cordal / Antón Dobao
Maquillaxe: / Marta Prats
Montaxe: / Luís Faraón
Música: / Manuel Riveiro
Perruquería: / Trini F. Silva
Produción Executiva: / Julio Casal / Albert Sagalés
Xefatura de son: / Joan Riba
Director
Antón Dobao |
Elenco
Camila Bossa | Xosé Barato | César Cambeiro | Monti Castiñeiras | Mónica García |
Suso Lista | Lucía Regueiro | María Vázquez | Iria Abelleira | Roger Casamajor |
M. Carballal | Xoel Fernández | Antela Cid | Rubén Ríos | Xulio Abonjo |
A. Durán "Morris" | Pepe Penabade | Jordi Banacolocha | Marc Cartes | Olalla Escribano |
Autor da obra
Darío X.Cabana |