A MALETA DE SOFÍA
Longametraxe documental ficcionada sobre a xornalista galega Sofía Casanova dirixida por Marcos Gallego, realizada en 2009 e estreada no 2011 no teatro principal de Santiago de Compostela.
Sofía Casanova, nada en 1861 na Coruña, foi escritora e correspondente de guerra. Cando morreu en 1958 en Polonia, país do seu ex-marido, perdeuse a pista da maleta na que se gardaban os seus diarios, daí o título. A través de xente da cultura e da política e mais da súa fiel escudeira Pepiña, téntase coñecer unha vida de viaxes, conspiracións, espionaxe, feminismo, cinefilia, romances, literatura, adulterio, enfermidades mentais e emisoras hippies.
Titulo orixinal: A maleta de Sofía Subvención ou axuda pública: Secretaría Xeral de Medios |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección artística: / J.L.Seara
Guión: / Comba Campoy / Marcelo Martínez / Gonzalo G. Velasco
Deseño de animación: / Mon Moares
Produción: / Marcos Gallego / Teresa Cereijo
Director
Marcos Gallego |
Elenco de actores
Margarita Fdez. |
Elenco de voces
Uxía Blanco | Antón Já |
Intervintes
Margarita Ledo | Ramón Barreiro | Perfecto Conde | María do Cebreiro | Ramón Villares |
Marta Pérez | Viktoria Grygierzec | Jacek Jawoski | Karol Meissner | Rosario Martínez |
X.R.F.Figueiredo | Sofia Markinek |
IMAXES DO FILME
VER TRAILER / ANACO