A FAZAÑA DA LIBERDADE

Documentario longo sobre a vida do ilustre galeguista Alexandre Bóveda escrito e dirixido polo estradense Seném Outeiro

Relátanos o periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas aportadas por Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Xusto Beramendi e a familia Bóveda, entre outros.

Titulo orixinal: A fazaña da liberdade
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, biográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 90´
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego

               

Emisión ou proxección: Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora: Filmika Galaika, S.L.

FICHA ARTÍSTICA

Documentación: / Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Guión: Seném Outeiro
Música: Arnal
Montaxe Seném Outeiro
Xefatura de son: Óskar López
Dirección de fotografía: Berto Palacios
Produción executiva: / Roi Carballido

Director

Seném Outeiro

Intervintes

Suso Pando Valentín Bóveda Xavier Vence Avelino P. Antelo Díaz Pardo
Xosé M. Beiras Xusto Beramendi

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO