A FÁBRICA
Curtametraxe documental realizada por Marcos NIne en 2008.
Rosa é unha muller próxima aos 60 anos. invirte o seu tempo nos labores domésticos ao tempo que coida dos seus netos. A costura é unha das súas afeccións e reúnese con amigas e compañeiras para practicala. A pesares da súa vida tranquila, Rosa garda dentro de sí as vivencias dunha vida pasada moito máis axetreada. Unha vida na que dende moi nova comezou a traballar nunha fábrica de punto: Maperlán de Boiro. Nembargantes, na actualidade, o lugar que foi tan importante para Rosa, non é mais que un solar en ruínas. As fábricas pouco a pouco foron pechando e non son máis que locais coas ventás tapiadas.
Titulo orixinal: A fábrica Subvención ou axuda pública: Xunta de Galicia / Concello de Boiro |
FICHA ARTÍSTICA
Música: / Manuel Riveiro / Ariel Rossi
Dirección fotografía: / Ben Díaz
Guión: / Marcos Nine
Produción: / Marcos Nine
Montaxe: / Marcos Nine
Xefatura de son: / Martiño Vázquez
Director
Marcos Nine |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego | galego |