VIRADEIRA

Serie que lle vai dar a volta á tortilla, pois ese prato de madeira ou de louza serve para iso. Produción de Voz Audiovisual, que se estreou o 5 de novembro do 2017 na TVG. Os guións de Xosé Morais e Víctor Sierra, que comparten a idea da serie con Alberto Guntín, recuperan a esencia das comedias clásicas que -como apunta un dos seus directores, Óscar  Pedraza- lembran a  Berlanga,  Azcona ou ós irmáns Coen.

Os segredos son esenciais neste enredo que se impulsa co atractivo da aventura. Un protagonista capaz de enfrontar situacións extremas no fondo do mar, que fará todo o posíbel por facerse cun tesouro afundido. O actor Adrián Castiñeiras é quen dá vida a  Héctor, un científico  supercachas que chega á vila de Dorneda a bordo do Medusa, un barco equipado coa máis alta tecnoloxía, para reflotar restos dun naufraxio. Pero  Héctor enseguida chocará co microcosmos dos habitantes deste pobo, menos feitos aos  gadgets tecnolóxicos e moito máis agudos cando se trata de capturar unha riqueza que todos queren para si. 

Viradeira

Titulo orixinal: Viradeira
Tipo: Serie
Xénero: Comedia
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 15
Duración dos capítulos: 70´
Orixe: Galicia
Ano: 2017
Idioma V.O.: Galego

Produtora: Voz Audiovisual
Emisión ou proxección: Televisión de Galicia      

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Música: / Manuel Riveiro
Montaxe: / Lu Rodríguez
Guión: Xosé Morais / Victoriano S. Ferreiro / Lidia Fraga /.Alberto Guntín / María S.Ferreiro / Enrique Lojo
Dirección fotografía: / Sergio Franco 
Axudante de dirección: / Patricia A. Chamosa
Dirección artística: / Ángel Amaro
Produción: / Fernando R. Ojea / Silvia Mosqueira
Produción executiva: / Fernanda Tabarés / Alberto Guntín / Victoriano Sierra Ferreiro / Xosé Morais

Directores

Jorge Saavedra Oscar Pedraza

Elenco de actores e actrices

     
Adri. Castiñeiras Sabela Arán Iria Acevedo Fina Calleja César Cambeiro

 

IMAXES DA SERIE

Imaxe relacionadaImaxe relacionadaImaxe relacionadaImaxe relacionadaResultado de imaxes para VIRADEIRA

VER EN LIÑA

galego
CAPÍTULO 1                                                                                                                                                   

   BAIXAR A SERIE

 

VE-LO TRAILER / ANACO